Please, calen a boca

|

Non digan nada. Permanezan mudos por uns días. Non xustifiquen, uns, o que só é merecente do maior rexeitamento, nin o usen  como  ariete aqueles que levan facendo o mesmo desde o principio dos tempos.  Por moi legal que sexa, que o é, desde a perspectiva da esquerda que se autodefine como anovadora non é de recibo a comprensión, no mellor dos casos, da decisión dos 14 senadores  galegos (PP / PSOE/ En Marea) de non renunciar aos 8345,16€ euros  que cobraron de indemnización polos servizos? prestados nesta lexislatura abortada. 
Non digan nada. Calen a boca. Non nos obriguen a ser xordos e mudos.  Calen, por favor. Podemos darlles 8345,16 razóns polas que a súa decisión é inmoral e insultante. Permanezan mudos por uns días. Prométolles que imos ser bós cidadáns. Non digan nada. Please, disimulen. Obrigado. E o xílgaro brinca de póla en póla. A tronada agacha o seu canto pero non as gañas de vivir.
 

Please, calen a boca