As asociacións

Xa hai tempo, houbo en Ferrol un importante movemento no ámbito veciñal, coa formación de numerosas asociacións que remataron por constituír unha potente Federación. Lembro que daquela, se chegou a organizar un encontro con diferentes federacións estatais, celebrándose unha serie de actos nos que a nosa Federación, como organizadora, esforzouse en tratar con esmero aos numerosos asistentes. Cabe preguntarse que pasou con aquel sentimento solidario da nosa veciñanza, pois que agora, a maioría das asociacións que aínda resisten, esmorecen sen facer pouco máis que a lotería de Navidad; e algunha xa nin iso. Parece que agora, a tendencia está en apuntarse a un partido político, ou mesmo en facer un novo, para tratar de influír con maior forza na mellora da sociedade. En troques, naquelas asociacións, falta xente que queira colaborar na solución dos pequenos problemas cotiás, que farían máis levadeira a vida dos veciños. E xa se nota a diferenza, paréceme a min, claro.

As asociacións

Te puede interesar