Sen carné

O Goberno, ou algunha das formas de goberno, está debatendo nos últimos tempos achega da conveniencia de unificar concellos, unha medida de aforro sinalan. Supoño que neste plan as comunicacións trataranse como unha cuestión fundamental. O alcalde de Ferrol e o seu equipo falan de equipar e dotar de servizos a nosa zona rural.

O mundo parece querer camiñar no sentido de humanizar as cidades, defender o medio ambiente e aforrar recursos enerxéticos, reducir os desprazamentos de vehículos privados é para iso fundamental. É por todo iso que non entendo o desmantelamento que parece querer aplicarse sobre o xa escaso transporte público en Ferrolterra. A frecuencia, por chamalo así, de autobuses e trens pode quedar francamente reducida e a min só ocórrelleme que o PP teña un plan secreto para obrigarme a sacar un carné, o de conducir, que nunca entrou nas miñas perspectivas vitais.

 

Sen carné

Te puede interesar