SEN XUSTIZA

Ferrol e Galicia sen xustiza. O Goberno do PP vén de aprobar o anteproxecto de contrarreforma da lei orgánica do poder xudicial. Cuarta modificación legal neste bienio negro, sen contar a das taxas. Esta a fai quen nada sabe de Galicia e ignora a realidade  poboacional espallada do noso país. Os novos tribunais de instancia suporán o peche dos partidos xudiciais galegos e dos xulgados de paz, agás os das catro capitais de provincia. A xente de Ferrolterra teremos que ir a Coruña e  Ferrol quedará sen xulgados. O que din as memorias anuais dos tribunais galegos é que se precisan novos xulgados e máis medios materiais e humanos para superar a saturación de asuntos, organizar os arquivos, desenvolver a oficina fiscal ou modernizar a xustiza. Teremos que gastar tempo e diñeiro en desprazarnos. Quen  avaliou eses custos? Cantos novos atrancos se van pór para dificultar/impedir a tutela xudicial efectiva, que non outra é a axenda oculta do PP en materia xudicial?  O que necesita a xustiza no son recortes e o PP teme aos tribunais; semella que non sen razón.

 

SEN XUSTIZA

Te puede interesar