Finalmente Eta recoñece ter infrinxido coas súas accións, un dano desmedido á sociedade. Fixeron falla demasiados mortos e demasiada angustia para chegar a este anuncio da disolución definitiva da banda terrorista.
Un feito para lembrar. Debemos felicitarnos de que, hoxe cando salta a noticia, moitos se preguntaran se aínda existía ETA. Desexar que unha violencia inxusta e innecesaria, non volva a ter cabida na nosa sociedade, é un principio básico das sociedades democráticas como a nosa. Pero tampouco debemos esquecer, que o artífice para a finalización deste proceso, foi o Presidente Zapatero e todas as accións políticas que puxo en marcha, para lograr este final do terrorismo.
A algúns poderá gustarlle máis ou menos, pero así sucedeu. Con todos os obstáculos do mundo, e moitos ataques gratuítos, incluso con moito xogo sucio, por parte dalgúns partidos.
Sen esquecer o partidismo desmedido dalgunhas asociacións de vítimas, que convocaban manifestacións, un día si e outro tamén, contra os gobernos socialistas. E cunha tipoloxía de insultos e maledicencias, que darían para facer un dicionario avanzado da especialidade.
Houbo que tragar moitos sapos por pretender a paz definitiva. Pero a pesar de todo, e polo traballo continuo e rigoroso, no 2011 chegou o fin deste grupo terrorista. Quizás para algúns chegou demasiado tarde. Pero o 2011 foi o ano da luz. E dende entón moitas cousas teñen cambiado en Euskadi e no conxunto de España. Pero deixan demasiada dor e demasiadas traxedias individuais e colectivas. Serán para sempre exemplo de intolerancia, incivismo e inxustiza. Non hai día que mereza a pena senón o habitas ti –díxolle El cun sorriso- todo contigo ten luz. En ti –dixo Ela bicándoo docemente– viven todas as cousas que me importan.