O vindeiro mércores 22 de marzo celebrase o día mundial da auga.Un recurso imprescindible e limitado que pode marcar como ningún outro a calidade de vida das persoas.
Cando temos coñecemento destas conmemoracións a través dos xornais ou novas televisivas, normalmente as súas imaxes van asociadas a grandes secas ou zonas áridas de paises do terceiro mundo.
Limitar esta problemática a unhas determinadas zonas xeográficas é un erro considerable. A cuestión do acceso a auga ten un alcance máis universal e diversas derivadas locais. Recordemos o rotundo fracaso da súa privatización nos pobos da américa latina. No noso ámbito a suministración de auga potable está contemplado como un servizo público mínimo obrigatorio de competencia municipal.
Unha obriga non cumprida con toda a poboación, especialmente das zonas rurais que siguen surtíndose de pozos que non cumpren todas as garantías sanitarias.