Vivimos nunha comarca que ano tras ano agudiza e afonda o seu declive nos diferentes aspectos demográficos, económicos e sociais desde que o estado español condenounos desmantelando o noso principal sector produtivo (digo principal, no único) o sector naval. De todos os concellos que forman a comarca, con toda probabilidade Ferrol e as Pontes, este ultimo por motivos diferentes mais que teñen o mesmo orixe e puntos en común, sexan os que máis estean a sufrir as consecuencias do centralismo español e as súas tomas de decisións con este pais. Ferrol bate marcas: Desde ser a segunda cidade do estado español onde menos emprego se crea, a ser líderes em defuncións, lideramos tamén o ránking de menor número de nacementos do estado e ademais termos o número de máis persoas maiores de 65 anos, o que nos fai a cidade mais envellecida do estado. Estamos tamén a cola no transporte público e termos a media de idade das mulleres nos 51 anos e máis viúvas, con todo o que isto supón em termos como a pobreza feminina ect.... Sen embargo a EPA pra Ferrol danos uns resultados que nada teñen que ver coa nosa realidade socioeconómica, algo curioso. Compre ter em conta, que na Galiza ha 70.000 fogares con todos as súas membras-os em desemprego dos cales case a metade nos reciben ningún ingreso e que 6 de cada 10 galegas-os traballan forzosamente a tempo parcial.
Máis volvendo a Ferrol, 40 anos de españolismo, a excepción de 4 anos dun governo nacionalista xunto co PSOE o cal, fixo o que puido e ao que se lle botaron encima falsidades, sobre todo a parte nacionalista das que nada tivermos culpa, aínda que é certo que se cometeron erros, algo ao que nos tamén termos dereito, estes 40 anos de españolismo repito foron quen de crear e por os cimentos da tumba desta cidade. Porque tanto os de Castela a Vella como agora os de Castela a Nova, tamén autodenominados a esquerda rupturista (lembrase da horizontalidade, o poder pra as bases, a famosa Syriza Galega capitaneada por Caperucita Roja) a la que se le uniron xente que presumía de ser nacionalista, mais abandonaba o calor do BNG por culpa da maléfica UPG (grupo de marxistas galegas-os que almorzan bebes todas as mañas) e o seu “presunto dominio” sobre o bloque. Máis curiosamente estes mesmos que falaban das nosas maldades, non tiveron ningún pavor em arrexuntarse cos marxistas do PCE. Desde entón as-os ferrolás estamos a comprobar as consecuencias das súas políticas e sobre todo, a súa falta de valentía nesta cidade.
É indudábel e isto termos que deixarlo claro, que aínda co nacionalismo collese o bastón de mando da cidade o proxecto pra cambiala sería a longo prazo e em moitas coisas fundamentais como é a industrialización teríamos pouca capacidade desde o ámbito local de tomar nos as decisións. Mais si que estariamos obrigadas-os a dar loita pra ganar a guerra e aínda que a maioría das guerras puidese mos las perder o que esta claro é que a guerra está perdida, senón damos a loita.
Nesta cidade ha moitas cosas que cambiar. Unhas volvo a repetir mais doadas de fazer, so ha que ser valentes e outras que se conseguiran tras unha longa pelexa, onde e indudábel que debemos ser firmes e honestos na defensa dos intereses de Ferrol. Refiro me a xestión do lixo, o saneamento, o espolio ao que nos somete defensa, o tema da electricidade ect... mais si que onde termos capacidade e ademais é un nicho a explotar é no tema do consumo de proximidade, nas redes de distribución e produción locais, em crear servizos proprios da localidade, no apoio ao pequeno comercio e no fomento da denominada economía circular. E chegado a este punto acho que o nacionalismo galego tanto a nivel nacional, como a nivel das localidades, debe capitanear e por no ambiente da actualidade, a implantación das chamadas moedas locais. Algo que nom é novo, xa que isto xa saltara a palestra na gran crise de principios do século pasado como unha das mellores armas, pra defenderse das crises capitalistas. Cabe sinalar que na Suiza xa existe unha moeda no ámbito das pemes dese pais desde mediados do século pasado, a cal naceu en Basilea; o Wir, onde hoxe em día cae 60000 pemes o usan, co conseguinte fornecemento da economía propia do pais, evitando que centos de millóns de Francos se vaian de Suiza a non se sabe onde. Cabe sinalar que as transaccións co WIR supoñen case un 3% do PIB Helvético. E aínda que esta moeda so esta pra os negocios das pequenas e medianas empresas, noutras latitudes as poboacións si poden usar as moedas locais pra compra do día a día, como por exemplo em Bristol, coa famosa Bristol Pounds o en zonas de EEUU cos Berkshares. Porque o que esta a demostrar este tipo de moedas, é que é unha das mellores ferramentas pra loitar contra as crises das finanzas, ademais de conseguir mitigar a perdida de postos nas localidades, xa que fomentan a produción local, o consumo de proximidade, evitando que a riqueza emigre fóra da comunidade, restando lle deste xeito poder as multinacionais.
Galiza necesita deste tipo de moeda, unha pra o ámbito do pais onde sexa útil pra PYMES galegas e outras nas diferentes localidades, sobre todo nas zonas em declive como Ferrolterra xa que, é unha ferramenta moi útil pra fornecer a economía local. Estudos de varias universidades dos EUA dan como resultado que por cada dólar gastado no comercio local, este xera de 3-4 dólares em traballo na localidade, ademais de 3-4 dólares en investimentos da diferentes administracións na propria localidade mentres que cada dólar gastado nas multinacionais so xera 1.$ em emprego e em investimentos.
Em definitiva, nesta vida quen está vencida-o é quen baixa os brazos. Mentres todas-os nos manteñamos os brazos em alto dando a loita, aínda quedara esperanza.