As drogodependencias protagonizan as primeiras sesións da Escola de Familias

As drogodependencias protagonizan as primeiras sesións da Escola de Familias
As reunións lévanse a cabo no edificio social da rúa Sánchez Barcáiztegui cumprindo coas medidas anti Covid | c.f.

Asfedro e a Asociaciación de Ex Alcohólicos de Ferrolterra colaboran co Concello de Ferrol nas primeiras sesións da Escola de Familias, un espazo de encontro co que se quere dar aos adultos as ferramentas para comprender e actuar ante os conflitos que afrontan os rapaces. As adiccións centran as seis sesións coas que comeza esta iniciativa, nacida a proposta do grupo de traballo de infancia, familia e adolescencia de Ferrol, no que se integra o sector público e entidades sociais.


A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, abriu este luns as charlas dando a benvida aos participantes e e animándoos a “sacar o maior proveito posible” da experiencia, agradecéndolles a “implicación” na educación dos seus fillos e fillas.


Trece persoas participan nesta Escola de Familias, polo que aínda hai libres dúas prazas que poden cubrirse solicitándoo no correo electrónico prevencionasfedro@gmail.com.


A nova escola municipal de familias é unha iniciativa gratuíta aberta a pais e nais da cidade que, en seis semanas (cada luns) abordará as adiccións en catro bloques: drogas legais, drogas ilegais, tecnoloxías –incluíndo o acceso á pornografía– e o xogo e as apostas.


Deste modo, e partindo dunha metodoloxía aberta, de diálogo e participación, búscase dotar aos proxenitores das ferramentas axeitadas para “axudalos a afrontar posibles dificultades no núcleo familiar e sensibilizar dos riscos que entrañan as adiccións”, explica Montero.

As drogodependencias protagonizan as primeiras sesións da Escola de Familias

Te puede interesar