Confeso que, nun principio, fun bastante incrédulo sobre a creación dun Estado Europeo, porque tiña moi presente o desprezo con que os españois eramos tratados fora do noso eido. Frases como “Africa comeza nos Pirineos”; a ameaza dalgún “pobre diablo” francés, de votar fora “a patadas no cú” a os españois; e a definición como “PIGS” (cerdos) do conxunto formado por Portugal, Italia, Grecia, Spain, eran síntomas que non parecían moi prometedores. Mais, xusto agora que os ingleses se van, eu comezo a crer na posibilidade dunha Europa Unida, funcionando como un Estado de verdade, cun Goberno, unha Constitución, unhas Leis e, cun propio entramado económico e financieiro, que podería servir de contrapeso para alivio das tensións producida pola globalización e os intereses geopolíticos. E por outra banda, tamén podería servir de exemplo e incentivo para outras unións políticas, como en América do sur, por exemplo. Sempre que se impoña o sentidiño e non rebente o Globo antes, claro.