Recoñecemento ao traballo dos Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo

Recoñecemento ao traballo dos Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo
A directora xeral de Xuventude da Xunta entregou os diplomas aos alumnos participantes no proxecto | daniel alexandre

Desde hai varios cursos, o IES Saturnino Montojo están inmerso no programa Correspondentes Xuvenís. O traballo desenvolvido polo equipo de dezasete alumnos e alumnas e catro profesores do centro vén de ser recoñecido como exemplo de boas prácticas educativas no marco do Plan Proxecta, publicándose ademais un artigo na revista Eduga no que se dá conta das actividades realizadas polos participantes no plan.
Onte, a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, visitou o centro para manter unha reunión co equipo, ao que felicitou polo seu traballo, ademais de facerlles entrega dos diplomas que lles recoñecen cen horas de voluntariado.
O proxecto da Xunta ten por obxectivo establecer unha rede de correspondentes xuvenís nos centros interesados que faciliten a difusión de información de interese para a mocidade. Deste xeito, os alumnos implicados encárganse de informar aos demais compañeiros das convocatorias, carnés xuvenís e outros recursos e actividades que poidan ser do seu interese.
 

Reunión
Os estudantes do instituto ferrolán explicaron onte á directora xeral o xeito no que desenvolven esta tarefa, incardinada neste caso co proxecto de Dinamización Lingüística, ambos coordinados por Carme Fernández Miranda.
Os correspondentes impulsan numerosas propostas como a celebrada hai uns días que lles permitiu recadar preto de 500 euros para a ONG Save the Children.

 

Recoñecemento ao traballo dos Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo

Te puede interesar