Roberto Vidal Bolaño, máis preto no Carvalho Calero

Roberto Vidal Bolaño, máis preto no Carvalho Calero
Diario de Ferrol-2013-10-15-015-b78a4ae0

A exposición itinerante sobre Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas, chega a Ferrol. Desde onte pode visitarse no Centro Cultural Carvalho Calero, no Ensanche A. Está composta por diversos paneis nos que se pode seguir a rica traxectoria cultural deste home determinante para a escena galega, cunha grande importancia para a imaxe.
As diversas facetas vitais deste creador, con especial atención á súa crucial achega teatral, considerada como unha das máis importantes en Europa no último cuarto do século XX, están presentes nunha mostra que estará aberta polas mañás ata o día 20 (de nove a dúas) e en horario de mañá e tarde a partir do 21 (de dez a dúas e de cinco a oito). Del destácase a súa inxente obra, a pesar de morrer con 52 anos, cun compromiso inequívoco coa lingua galega, axudando á súa normalización na escena, e cunha aposta estética pola experimentación e a integración de diversas tradicións e campos.
Esta mostra forma parte das actividades para divulgar a obra de Vidal Bolaño, e chega á cidade a través da Consellería de Cultura, en colaboración con Normalización Lingüística. 

Roberto Vidal Bolaño, máis preto no Carvalho Calero

Te puede interesar