Caranza serviu arredor de 200 kilos de chocos da ría

Caranza serviu arredor de 200 kilos de chocos da ría
Fiesta del Choco Caranza

Logo do campionato de pesca do venres, no que entre todas as embarcacións participantes capturáron 85 kilos, a IV Festa do choco da ría de Caranza, promovida pola Asociación Cultural López Bouza e o Club Náutico do barrio, chegou onte á xornada central, coa degustación do rico cefalópodo. A organización dispuxo un total de 200 kilos do produto para a súa preparación, da que se encargou un cociñeiro.
As racións –que se venderon ao prezo de seis euros con pan e bebida incluída– comezaron a servirse a patir das sete da tarde, hora na que se deu o pistolezo de saída á cita gastronómica coa entrega de premios do concurso de pesca –ao maior  pesaxe, número de capturas e á peza de maior puntuación–. O pregón correu a cargo nesta ocasión da diputada socialista ferrolá no Congreso Paloma Rodríguez.
A degustación, celebrada no parque Carmelo Teixeiro, estivo acompañada dunha actuación musical. Desde a organización agradeceron unha vez máis o patrocinio e colaboración de diferentes entidades comerciais da cidade ferrolá fronte á escasa “ou nula” axuda das institucións públicas. n

Caranza serviu arredor de 200 kilos de chocos da ría

Te puede interesar