A Federación de Anpas de Ferrolterra chama á familias a secundar a folga do vindeiro 24

A Federación de Anpas de Ferrolterra chama á familias a secundar a folga do vindeiro 24
manifestación contra la Lomce

A Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra quere facer un chamamento a todas as familias con fillos tanto en Educación Infantil e Primaria como en Secundaria para que secunden a folga convocada para o día 24 no ensino medio por parte das organizacións estudiantís.
A xornada ten como obxectivo esixir unha vez máis a derrogación da Lomce así como das probas de avaliación, coñecidas como reválidas, introducidas pola devandita lei, aprobada polo Partido Popular.
Para as organizacións convocantes da folga, así como para todas as que as apoian, non é suficiente o anuncio feito por Mariano Rajoy trala masiva mobilización do pasado 26 de outubro de deixar sen efectos académicos estas probas, senón que solicitan a eliminación total das mesmas.

apoio
Desde a Feanpas animan pois ás familias a apoiar a xornada de protesta, tanto no seguimento da folga como das mobilizacións previstas para ese día, para amosar así o rexeitamento a unha lei “que non é nosa, que non a admitimos como tal”, din, xa que “queremos unha educación para todos e todas, onde todos teñamos reservado o noso posto para nos desenvolver como persoas, achegando a nosa común diversidade na construción dunha sociedade para todos e todas”, salientan. A Feanpas está integrada ademais na Confederación Anpas Galegas, que tamén amosou o seu apoio a toda as mobilizacións. n

A Federación de Anpas de Ferrolterra chama á familias a secundar a folga do vindeiro 24

Te puede interesar