Andaina e rap para demandar un teito para tódalas persoas

Paseo de los sintecho dentro de la programación de Cáritas
|

A campaña “Ponlle cara”, que leva a cabo Cáritas para chamar a atención sobre a problemática das persoas sen fogar, continuou onte cunha marcha polas rúas das cidade. Partiu do centro de inclusión social Vázquez Seijas, que a ONG xestiona na Rúa Madalena, coa participación de usuarios deste espazo e tamén de rapaces do colexio Cristo Rey. No Cantón leuse un manifesto e os escolares recitaron a ritmo de rap letras alusivas á situación das persoas que dormen na rúa e ás dificultades de acceder a unha vivenda.

A seguinte cita é esta mesma tarde na concatedral de San Xiao. Aí dará un concerto a soprano de ascendencia ferrolá Laura Alonso. Acompañaráa ao piano Javier Ares. O recital comezará ás 20.15 horas e o recadado destinarase ao programa “Persoas sen fogar”.

Andaina e rap para demandar un teito para tódalas persoas