Muíño do Vento convoca o certame de Literatura Infantil e Xuvenil dotado con 1.500 euros

Diario de Ferrol-9999-99-99-999-874f6e2d
|

A Asociación Sociocultural Muíño do Vento de Ferrol convoca o II Certame de Literatura Infantil e Xuvenil, dotado con un premio de 1.500. Os textos da presente convocatoria irán destinados ao público xuvenil, de doce anos en adiante.

Nela poderán participar todas as persoas maiores de idade que presenten os seus orixinais, inéditos e non dados a coñecer por ningún medio. Serán en lingua galega e de calquera xénero literario (poesía, teatro ou narrativa).

O prazo de presentación de traballos rematará o vindeiro 15 de xaneiro. Estes terán que ser enviados ao apartado de correos 373 de Ferrol, facendo constar no sobre o nome do certame. De cada orixinal enviaranse seis copias en papel, debidamente encadernadas. Un xurado formado por cinco persoas, nomeados pola ASC Muíño do Vento, e unha persoa da propia asociación, decidirá o nome do gañador.

Publicación
A concesión do premio leva incluída a publicación da obra por parte da editorial Bululú. As obras non premiadas conservaranse durante un mes, contando a partir da data da publicación da resolución do xurado.

O gañador da primeira edición do certamen convocado por esta activa e dinámica entidade cultural con sede no barrio de Canido foi Álex Mene coa súa obra titulada “Indómita e a semente da inmortalidade”.

Muíño do Vento convoca o certame de Literatura Infantil e Xuvenil dotado con 1.500 euros