A Capela recupera a esencia das feiras tradicionais na sexta edición de Etnoeume

|

A Capela cumpriu un ano más coa tradición na celebración da sexta edición da Feira Etnográfica da comarca do Eume, Etnoeume, que, organizada polo museo que leva o mesmo nome, reuniu no lugar do Pazo a centos de veciños e visitantes. Recrear a esencia das feiras tradicionais, dar a coñecer e promocionar os produtos da comarca (principalmente os elaborados de xeito artesanal), exaltar e poñer en valor como recurso de identidade a cultura popular e difundir o propio museo son os principais obxectivos da cita que se viu deslucida pola inestabilidade meteorolóxica da xornada que non mermou, sen embargo os ánimos de troula dos participantes.

Mercado
Así as cousas, non faltaron os postos de venta de produtos de variados sectores como o da agroalimentación, téxtil, ferraxería ou artesanía que compartiron protagonismo coa representación ao vivo de oficios tradicionais como o da cestería, tallistas ou fiandeiras. O programa desenvolveuse según o previsto, agás os deportes rurais da mañá que, por falta de participantes, se trasladaron á tarde cando o público se animou a secundar a convocatoria. Tampouco faltaron pequenas representacións teatrais baixo a denominación de “Leiras na feira” tanto na sesión de mañá como na do serán.
A nota musical correu a cargo este ano dos grupos Silbarada, Os Tafornelos, Canavella, Ferreñas de Caaveiro e Cé Orquestra Pantasma que fixeron bailar aos alí presentes. l

A Capela recupera a esencia das feiras tradicionais na sexta edición de Etnoeume