“Horas polares”, o debut literario de Natalio Gómez

Imaxe do escritor fenés
|

“El texto podría llamarse el libro de los olvidados o el libro de las soledades”, asegura o fenés Natalio Gómez, licenciado en Dereito, traballador de Navantia e antigo dirixente sindical, que debuta no mundo da literatura con “Horas polares”. O título agocha un paradoxo xa que no polo non hai horas, toda a hora é a mesma. Mañá, ás oito do serán, presentará este traballo autoeditado que corre rápido cara a segunda edición e que está a ter na súa contorna “una difusión que no me creo. Esta funcionando muy bien el boca a boca”.
Gómez confesa que os contos e as reflexións deste libro están cheas de seres marxinais, perdedores e cun innegable peso do mundo feminino. “Los protagonistas de los relatos son sobre todo mujeres, mayores o jóvenes, que centran historias duras, muchas tristes y dolorosas pero ancladas en la vida real”. Neste sentido, Natalio Gómez cifra o interese da súa escrita en facer sentir, pensar e reflexionar, en amosar “una lección de vida”.
“Creo que este interés proviene de mi conciencia social. Sufro por lo que veo, los seres humanos viven en desamparo y soledad”, comenta Gómez que desde novo foi un fondo lector de Dostoievsky, Víctor Hugo, Dickens “o el Tolstoi no de ‘Guerra y paz’ o ‘Ana Karenina’, sino de ‘La muerte de Iván Ilich’, que me conmueve mucho más”.
Tras unha inminente segunda edición,“Horas polares” distribuirase en Madrid por parte do propio escritor que xa se ve a si mesmo abocado a visitar a capital dado o excelente recibimento que está a ter o volume.
Unha obra en definitiva salferida de referentes intelectuais e literarios, desde Einstein a Machado, de Mijaíl Shólojov a Juan Ramón Jiménez, aínda que non quere que as árbores lle impidan ver o bosque: “Me siento solidario con los que sufren”, confesa Gómez.

“Horas polares”, o debut literario de Natalio Gómez