Sés achega ao Teatro Jofre “Co xenio destrozado”

Sés achega ao Teatro Jofre “Co xenio destrozado”
Ses Pazo Cultura Narón

Sen dúbida é un dos referentes da actual música galega, María Xosé Silvar Sés presenta ás 21.30 horas de hoxe no Teatro Jofre o seu segundo traballo discográfico, “Co xenio destrozado”. O prezo das entradas, aínda dispoñibles, oscilan entre os 8 e os 12 euros.
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. No ano 2011 editou o seu primeiro traballo, “Admirando a Condición”,  e na actualidade está a presentar o seu segundo disco “Co xenio destrozado”, un traballo que nas súas propias palabras está “feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano”.
Acompañado do seu trío habitual, formado polo guitarrista Tito Calviño, o baterista Marcos Pazo e o baixista Fran Sanz, Sés continúa esta xira de presentacións que, tras Ferrol, visitará Londres o próximo 29 de abril, mostra do interese que a súa proposta músical provoca alén das nosas fronteiras.

Sés achega ao Teatro Jofre “Co xenio destrozado”

Te puede interesar