A obra “Los Malditos” abordará en Narón dramas sociais como a escravitude e a trata de mulleres

A obra “Los Malditos” abordará en Narón dramas sociais como a escravitude e a trata de mulleres
diario de ferrol-9999-99-99-999-3cd4ae8e-p

A compañía Unahoramenos Producciones aterrará esta semana no Pazo da Cultura de Narón para achegar ao público, en dúas funcións previstas para o venres –20.30 horas– e sábado –20.00–, a obra de teatro contemporáneo “Los Malditos”, escrita por Antonio Lozano e dirixida por Mario Vega.
A peza aborda temas como a escravitude, a trata de mulleres e outro dramas sociais que irán discurrindo sobre o escenario da man dos actores que forman o elenco.

sinopse
Armando, xornalista uruguaio asentado nas Palmas de Gran Canaria a onde chegou cos seus pais na década dos setenta, fuxindo da ditadura, é un dos protagonistas. Nunha das súas viaxes de traballo ao Congo, coñece a un home ao que axuda a vir a España.
Este último namórase dunha prostituta e co tempo, unha das mellores amigas delas é asasinada. Armando, o seu amigo e a súa noiva comezan entón unha investigación paralela á policial para tratar de esclarecer o acontecido.
O prezo das entradas é de 12 euros para o público en xeral e 8,40 para os beneficiarios dalgún desconto.

A obra “Los Malditos” abordará en Narón dramas sociais como a escravitude e a trata de mulleres

Te puede interesar