Narón celebra do 21 ao 25 de abril a Feira do Libro Usado

Narón celebra do 21 ao 25 de abril a Feira do Libro Usado
Feria del Libro en Naron

O Concello de Narón abre o vindeiro sábado 29 o prazo para participar como vendedor na II Feira-Mostra do Libro Usado e de 2ª Man, que se desenvolverá do 21 ó 25 de abril (ambos incluídos) na Biblioteca Municipal do Alto, en horario de 17.00 a 20.00 horas.
O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o luns 14 de abril, e os interesados deberán presentar a correspondente instancia no Rexistro Xeral do Concello. Os 10 postos dispoñibles para a feira adxudicaranse por riguroso orde de entrada no Rexistro, instalándose na planta baixa da Biblioteca.
A organización cederá unha mesa de 90x140 cms e tres cadeiras a cada usuario. Para poder solicitar un posto é imprescindible estar dado de alta como usuario da rede bibliotecaria municipal o día de apertura do prazo de solicitude, non estar vinculado ó mundo editorial nin a actividade económica de compra-venda, dispor dun mínimo de 25 exemplares e un máximo de 100 para a venda.
A II Feira-Mostra do Libro Usado e de 2ª Man ten como obxectivo facilitar un punto de encontro dos usuarios da Biblioteca con outros lectores, para a venda ou troco de materiais bibliográficos.

Narón celebra do 21 ao 25 de abril a Feira do Libro Usado

Te puede interesar