O Encontro de Cantareiras de Airiños de Fene celébrase o día 19 en Barallobre

O Encontro de Cantareiras de Airiños  de Fene celébrase o día 19 en Barallobre
Copia de Diario de Ferrol-2013-10-13-015-ad8ad59d

O local social da Liga de Amigos de Barallobre será a sede do I Encontro de Cantareiras, unha iniciativa organizada pola entidade anfitriona e a asociación Airiños de Fene. Do pulo da actividade das cantareiras nos últimos tempos dá conta o nacemento deste festival no Concello de Fene. A iniciativa será presentada pola xornalista de Radiofusión Pitusa Arias a partir das 20.00 horas con entrada de balde.
Abrirán o programa as cantareiras da asociación Mestura, de Meirás, creada en 2005 cun repertorio a base de pezas tradicionais recollidas por grupos da comarca. Tamén actuará o grupo Xerfa, de Airiños de Fene, formado en 2009 baixo a dirección de Chus Niebla e composto por nais e avoas relacionadas coa música tradicional. Seguiranlles unha agrupación formada recentemente, O Cinguideiro, de Ferrol. O seu repertorio está formado por unha escolma de pezas tradicionais acompañando ás voces instrumentos de percusión como pandeiros, sachos e latas sen esquecer a pandeireta. Finalmente, Bolboretas, da Liga de Amigos de Barallobre e formada por rapazas entre os 3 e os 19 anos, será o grupo de cantareiras encargado de pechar o festival fenés.

O Encontro de Cantareiras de Airiños de Fene celébrase o día 19 en Barallobre

Te puede interesar