Meirás celebrará esta fin de semana a VIII Festa do Percebe

Meirás celebrará esta fin de semana a VIII Festa do Percebe
Imaxe da pasada edición da Festa do Percebe na parroquia valdoviñesa daniel alexandre

Na Asociación de Percebeiros de Meirás puxéronse xa a traballar na preparación da sétima edición da festa coa que a vindeira fin de semana esta parroquia de Valdoviño renderá tributo ao tan codiciado marisco.
Os percebeiros comezaron onte as tarefas para recoller o saboroso produto que entre o sábado e o domingo repartirán, a partir das doce da mañá, no campo da festa do Porto, escenario da celebración gastronómica.
Aínda que a colleita final dependerá do estado e tempo da mar ao longo de toda a semana, polo menos para estas xornadas iniciais as expectativas son boas. A organización ten previsto repartir, ao igual que outros anos, arredor de 800 kilos de percebes, aos que se engadirán, no menú deseñado para a ocasión, outros tantos de churrasco.
Cada unha das racións venderase a un prezo de 7 euros e, como en anteriores edicións, as xornadas estarán amenizadas con música.

obxectivo
Tal e como se apuntou desde a Asociación de Percebeiros de Meirás, a través desta festa preténdese promocionar e dar a coñecer un produto que, salientan, non ten nada que envexar ao extraído noutras zonas de Galicia. A cita convértese ademais cada ano nunha excelente oportunidade non só para gozar da gastronomía da zona, senón tamén dunha parroquia que durante o verán acostuma recibir moitos visitantes.

Meirás celebrará esta fin de semana a VIII Festa do Percebe

Te puede interesar