Queremos Galego insta á Xunta e ao Estado a cumprir a normativa europea

Queremos Galego insta á Xunta e ao Estado a cumprir a normativa europea
Concentración de Queremos Galego diante do edificio administrativo da Xunta en Ferrol

Ao igual que as outras seis cidades de Galicia, Ferrol acolleu onte a concentración convocada pola plataforma Queremos Galego que, baixo o lema “Emerxencia lingüística. Precisamos do galego”, reclámalle tanto á Xunta como ao Goberno do Estado a asunción das recomendacións formuladas recentemente polo Comité de Expertos e o Consello de Ministros do Consello de Europa sobre as eivas que existen desde hai perto de dez anos para que a lingua galega sexa a vehicular no ensino obrigatorio.

O profesor e escritor Manuel Rei foi o encargado de ler un manifesto que se reproduciu tamén na Coruña, Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense e que pon o foco na “orixe” do conflito, a aprobación no ano 2010 do chamado Decreto do Plurilingüismo. “Hai unha década”, lembrou Rei, “prohibiuse a lingua galega para todas as materias da rama científico-técnica”, sinalou, unha medida que, engadiu, “xa está a dar resultados”. Esgrimiu o docente os últimos datos do Instituto Galego de Estatística que apuntan que a cuarta parte dos menores de 16 anos –cando remata a etapa do ensino obrigatorio– é “incapaz de falar en galego”, unha situación, engadiu, “insólita”.

Administración central

Aínda que as críticas da plataforma van nomeadamente dirixidas á Xunta de Galicia, tamén hai reproches ao Goberno do Estado. Así, o portavoz recalcou que foi o Executivo central o que asinou a Carta Europea de Linguas Minorizadas que, segundo o comité de expertos do Consello de Europa, se está a incumprir, polo que o instou a asumir as recomendacións do organismo comunitario.

Así, entre as súas reclamacións, está a de promover as mudanzas precisas na administración de xustiza e na esixencia do coñecemento do galego para o funcionariado que desempeñe o seu traballo en Galicia. l

Queremos Galego insta á Xunta e ao Estado a cumprir a normativa europea

Te puede interesar