Revólver rememorará hoxe os seus éxitos no concerto dos “25 anos de Básico tour”

Diario de Ferrol-9999-99-99-999-def76b0a
|

O pasado mes de marzo cumpríronse 25 anos da publicación do álbum “Básico I” de Revólver. Esa data marcou definitivamente “a carreira da formación musical, a historia recente da música rock e os concertos acústicos en España nos que tan ben se desenvolve Carlos Goñi”, apuntan desde a organización do evento.
O músico madrileño subirase hoxe ao escenario do Auditorio Municipal de Ferrol coa súa voz e guitarra acompañado por un baixista e un percusionista nun concerto previsto para as 21.30 horas no que tamén haberá algunhas sorpresas coas que pretende rememorar os éxitos do devandito primeiro traballo e outros temas inevitables. 
Sen dúbida, “a mellor forma de coñecer o ADN de cada un dos temas que conforman a carreira de Revólver”, así como os seus grandes éxitos de toda a vida. 
Entradas
As últimas entradas para gozar deste concerto poden ser adquiridas a un prezo de 27 euros. Onte pola mañá quedaban a disposición do público menos de duascentas –o aforo do Auditorio ten un total de 880–..

Revólver rememorará hoxe os seus éxitos no concerto dos “25 anos de Básico tour”