O encaixe de bolillos encheu onte o pavillón de Neda

O encaixe de bolillos encheu onte o pavillón de Neda
Pabellón municipal de Neda Concentración de palilleiras

A asociación Filigrana retomou este ano a celebración da súa concentración de palilleiras con grande éxito. Centos de artesás participaron na proposta que se levou adiante durante todo o día no pavillón municipal e na que se ofreceu unha ampla visión do que é este tipo de encaixe. Así, quen se achegou ata Neda puido ver traballar en directo e tamén comprobar o resultado de tantas horas de dedicación. O material para elixir e elaborar os debuxos tamén se puido mercar “in situ”.
Nesta décima edición do encontro de palilleiras colaborou o Concello, que cedeu as instalacións (o ano pasado estaban en obras e por iso non se puido celebrar), e tamén a través de efectivos da Polícia Local e de Protección Civil, que contribuíron ó éxito da festa. n

O encaixe de bolillos encheu onte o pavillón de Neda

Te puede interesar