O PSOE prantexa abrir polo menos dous comedores escolares no verán

O PSOE prantexa abrir polo menos dous comedores escolares no verán
Comedor escolar Recimil

Hai máis dun mes, o grupo municipal do PSOE instou ao goberno ferrolán a desenvolver un plan de detección de posibles carencias alimentarias dos menores nos centros escolares da cidade. A proposta tiña por obxecto avaliar, en colaboración cos colexios, “a necesidade, ou non, de poñer en marcha unha oferta de comedores escolares no verán no municipio” coa intención de cubrir as necesidades daquelas familias con grandes dificultades económicas e en risco de exclusión social. Xa que neste tempo a formación socialista non recibiu ningunha información respecto a este tema por parte do executivo local, levarán esta cuestión ao pleno do vindeiro xoves.
O farán a través dunha moción na que pedirán o apoio da corporación a dúas cuestións: “a apertura no verán de, alomenos dous comedores escolares na cidade, con fondos propios ou mediante acordo de colaboración coa Xunta de Galicia”; e doutra banda “poñer en marcha un maior número de prazas de campamentos de verán para os nenos que o requiran se poidan incorporar a estas actividades de ocio e socialización, integrándose nos mesmos e evitando a súa estigmatización”.
No que atinxe ao primeiro dos puntos, e “xa que o goberno local non fixo ningún tipo de estudo para detectar as posibles carencias”, lamentaron, desde o PSOE optaron por visitar os centros educativos para, da man dos directores, avaliar a situación actual á que se enfrentan moitos dos nenos.

visitas
O seu paso ata o momento por dez centros educativos –a semana que vén continuarán cos encontros– serviulles para extraer algunhas conclusións, como que en todos “parece oportuna” esta medida de ofertar prazas de comedor escolar durante o verán para as familias que máis o precisan. Tamén se lles constatou que, nalgúns casos, hai familias en situación límite que se traduce, entre outras cousas, “que algúns teñan dificultades para mandar aos seus fillos ás excursións ou para levar unha merenda suficiente”.
Así o comentou onte a concelleira do PSOE local María López, quen xunto coa voceira do grupo, Natividad González, salientaron, en rolda de prensa, a necesidade de que a Administración implemente medidas que dean resposta ás necesidades existentes.
Os socialistas prantexan a súa proposta de comedores escolares no verán e de ampliación das prazas de campamentos como un proxecto piloto, para o cal o primeiro paso sería, ademais de facer o devandito diagnóstico sobre carencias alimentarias, facer unha consulta ás familias dos nenos que actualmente dispoñen de becas de comedor –un total de 374 entre colexios públicos e concertados– para saber cales precisarían do servizo durante os meses de vacacións de verán.

programar
“O que pretendíamos ao prantexar hai máis un dun mes esta proposta era que o Concello puidese deseñar e programar con suficiente antelación que centro ou centros poderían ser os que prestasen o servizo para que polo menos nas zonas nas que se detecten necesidades se manteñan abertos os comedores escolares”, apúntase na propia moción.
González e López aludiron á complicada situación que se está a vivir na cidade naval, cunha taxa de desemprego do 31,9% e donde preto de 3.000 persoas esgotaron todas as súas prestacións e outras 327 perciben unicamente a axuda do Risga (de 400 euros) –cen das cales aínda están en trámite–.
A voceira apuntou, con respecto ao proxecto que plantexan, que “se pode facer. Nos, se gobernáramos, o faríamos”, concluíu.

O PSOE prantexa abrir polo menos dous comedores escolares no verán

Te puede interesar