Unha exposición e unha conferencia abren hoxe a Semana Cultural da Graña

A AVV da Graña inaugura esta tarde a súa semana cultural que, desde hoxe e ata o próximo sábado, enche a vila de exposicións, conferencias, xogos para os máis pequenos e música de diferentes estilos.
Así, a actividade no local social da entidade veciñal ábrese a partir das 19.30 horas de hoxe con asistencia institucional e apertura dunha exposición de pintura a cargo do exalmirante e artista plástico Miguel Fernández Fernández. Posteriormente celebrarase unha conferencia a cargo de Carlos Piñeiro Díaz sobre a “Venerable Orden Tercera e Iglesia de Santa Rosa de Viterbo de la Real Villa de A Graña”. Finalmente, servirase unha copa de viño aos asistentes.
Mañá a actividade na Graña tamén está protagonizada por unha conferencia. Neste caso a que impartirán membros da asociación AFAL de Ferrolterra sobre a enfermidade do Alzheimer para lembrar o día mundial desta doenza. Será tamén ás 19.30 horas no local social da entidade veciñal. O xoves, ás 20.00 horas, os pequenos poderán gozar dun taller de pintura facial e de globos. O venres actuará o grupo de boleros da asociación Brigantia, e o sábado rematarase co grupo de folk Alén de Ancos.

Unha exposición e unha conferencia abren hoxe a Semana Cultural da Graña

Te puede interesar