Manuel Patinha regresa en abril a Sargadelos, que xa ten a súa programación anual

Manuel Patinha regresa en abril a Sargadelos, que xa ten a súa programación anual
Manuel Patinha en Sargadelos


A Galería Sargadelos de Ferrol conta xa coa súa programación completa de exposicións ao longo do presente ano 2014. Así, trala mostra “Música”, que durante o presente mes de marzo amosa diversos acrílicos de María Manuela sobre o mundo da interpretación musical, no mes de abril regresa á galería o prestixioso escultor e pintor Manuel Patinha.
O artista luso-galaico, un dos creadores plásticos máis importantes da península Ibérica, volve a un espazo expositivo que coñece ben. Afincado desde hai un cuarto de século en Narón,  a súa obra está espallada por toda Galicia e Portugal. Tras Patinha, na galería ferrolá exporá o pintor rumano Ovidiu Batista, residente na actualidade na Coruña.
En xuño estará Pablo López, mentres que en xullo poderá verse unha exposición do fotógrafo ferrolán  José Pardo. A deseñadora aresá Sara Coleman visitará a galería no mes de agosto cunha escolma do seu traballo, e no mes de setembro será a quenda da fotógrafa e artista compostelá Ana Gil.
No mes de outubro chegará a Sargadelos unha mostra conxunta do pintor coruñés Nito da Vila e do arquitecto e fotógrafo Pablo Mella. Xa en novembro poderá verse unha mostra co traballo creativo do fotógrafo galego Roi Alonso, para rematar o ano en decembro co proxecto artístico conxunto “Fóra de campo”, unha proposta creativa na que se unen disciplinas como escultura, videocreación e poesía a cargo de Caxigueiro, Ignacio Castro “Nachock”, Ernesto González Torterolo e Eduardo Estévez.

Manuel Patinha regresa en abril a Sargadelos, que xa ten a súa programación anual

Te puede interesar