Lanzan unha Iniciativa Lexislativa Popular para divulgar a Castelao

Lanzan unha Iniciativa Lexislativa Popular para divulgar a Castelao
Sargadelos Sempre en Galiza acto de Medulio

A Sociedade Cultural Medulio, integrante da federación de asociacións Galiza Cultura, colabora coa Iniciativa Lexislativa Popular que se lanzou en todo o país para “impulsar as actividades a de-senvolver pola Xunta de Galiza para difundir e pór en valor a obra e a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelo”, segundo explica o artigo 1 do documento. A campaña para recoller sinaturas comezou hai poucos días e esperan conseguir as 15.000 necesarias en breve, para poder presentalas ó Parlamento Galego en abril ou maio. A intención é que máis de 3.000 saian da comarca de Ferrolterra.
Medulio presentou onte en Sargadelos esta campaña, que se estenderá por asociacións culturais, centros de ensino e tamén o comercio e a hostalería. Eles mesmos programan un acto que se desenvolverá mañá venres, ás 19.30 horas, na galería ferrolá. Alí os pintores Ladislau da Regueira e Antonio Rivas Pol falarán da obra artística de Castelao e Francisco Rodríguez realizará unha contextualización histórica dos seus acontecementos vitais. Tamén intervirá o cantante Paco Montero .
“Castelao foi declarado polo Parlamento Galego ben de interese cultural pero entre a teoría e a práctica hi un longo anaco”, explicaba onte o profesor Manuel Rei Romeu, integrante da federación Galiza Cultura. “A súa obra polifacética ten valor e brillo por si mesma tanto no plano literario como no pictórico ou no político. Reducen o seu traballo e as súas inicitavias a actos ritutais como a entrega das medallas Castelao pero todavía os galegos non temos dereito a coñecer directamente a súa obra. A Xunta non está facendo nin a mínima parte do debido”, engadiu.
Calcula Rei Romeu que só na obra caricaturesca que Castelao facía xa desde estudante, pode haber máis de 3.000 pezas ocultas. “E o que hai hoxe no Museo de Pontevedra, na sección Castelao, podería multiplicarse cando menos por tres”, explica.
Precisamente que saia á luz o seu traballo, disperso entre particulares e institucións, e que se agrupe nun museo accesible ós cidadáns tamén a través de internet son algúns dos puntos da posible Lei.
“É unha reivindicación da figura de Castelao e do dereito ó coñecemento e contemplación  da súa obra polo pobo galego”, comentou Elia Rico, presidenta da Medulio.
En Sargadelos estivo tamén Ramón Afonzo, da Confederación Intersindical Galega, sindicato que colabora con Galiza Cultura e que estivo no xermolo da idea desde a súa sección de Ensino. “Sendo un artista excepcional nunca tivo vontade elitista e fixo unha arte popular co ánimo de dignificar todo o que tiña a ver coa condición de Galicia como pobo, e como pobo con dereitos”.

Lanzan unha Iniciativa Lexislativa Popular para divulgar a Castelao

Te puede interesar