O Encontro de San Valentín bate records con 730 artesáns e uns 5.000 visitantes

O Encontro de  San Valentín bate records con 730 artesáns e uns 5.000 visitantes
ene san valentín feria artesanía y palilleiras

Con éxito indiscutible de participación e visitas saldouse o Encontro de Artesáns que a asociación O Tadetas organizou onte no pavillón polideportivo do barrio fenés de San Valentín. De feito desde a organización cífrase nunhas 5.000 persoas as que pasaron para ver en directo os traballos e actividades programadas no encontro.
Aínda que a cifra é semellante á de outros anos, os participantes superáronse con 730 artesáns que incluíron paliellieras, bordadoras e outras disciplinas que estiveron dirixidas por 70 monitoras. A súa procedencia, ademais da comarca, foi de Lugo, Oviedo, Terra Cha, A Mariña e Ourense, entre outros lugares.
Tamén houbo grupos de traballo social como Aspaneps Fene, a Asociación de Fibromialxia da  comarca, Mans Unidas Ferrol (por primeira vez nun evento), Asociación de Minusválidos da comarca, AVV de Sillobre (cun taller de tallado de madeira moi concorrido), e as escolas artesanais municipais de Fene tiveron o seu espazo. O evento tamén contou coa celebración da primeira xornada da Exposición da Camelia, que continúa hoxe a súa mostra a cargo de catro expositores locais.
Ademais da entrega de premios do III Concurso de Escaparates Concello de Fene, con asistencia do alcalde Gumersindo galego e membros de tódalas forzas políticas municipais, levouse a cabo o sorteo de 80 regalos doados por comercios do Concello de Fene, con material de cociña, fogar, plantas ou, por exemplo, unha hamaca valorada en 400 euros.
Desde a asociación O Tadetas, que recolle o testemuño do antigo Encontro de Palilleiras do CPS, manifestaron a súa “satisfacción polo resultado do encontro. É certo que o bo tempo axudou á asistencia, pero o interese do público a pouco que haxa colaboración institucional fará que o próximo ano teñamos unha nova cita en San Valentín co mundo da artesanía”.

O Encontro de San Valentín bate records con 730 artesáns e uns 5.000 visitantes

Te puede interesar