A dirección do CEIP Recimil aclara que nunca estivo de acordo coa supresión dunha unidade

A dirección do CEIP Recimil aclara que nunca estivo de acordo coa supresión dunha unidade
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-1b06b201

O equipo directivo do CEIP Recimil quixo desmentir publicamente as declaracións formuladas polo director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación no decurso da comisión parlamentaria de Educación celebrada o pasado venres en resposta á pregunta do BNG sobre o recorte do profesorado acometido este curso no devandito colexio.
Nesta intervención, José Manuel Pinal chegou a afirmar en dúas ocasións que o CEIP Recimil conta con sete profesores na etapa de Infantil, “cando en realidade temos seis”, apuntan desde a dirección.
Son dous profesionais menos que os que había o curso pasado na devandita estapa educativa. “Ata este curso contabamos con seis titores e dous profesores de apoio. Neste curso vémonos obrigados a unir dúas unidades, xa que non se cubren dúas prazas provisionais, unha por xubilación e outra en comisión de servizos, quedando entón cinco titores e un profesor de apoio”, aclaran.
O director xeral afirmou ademais, na devandita comisión parlamentaria, que a supresión dunha unidade de Infantil determinada pola Consellería de Educación “foi unha decisión tomada en concordancia e en conxunto coa direcció do centro, que en todo momento estivo totalmente dacordo”.
Un extremo que é desmentido polo propio equipo directivo, ao asegurar que “a Dirección en ningún momento estivo nin está dacordo con esa decisión, aínda que acata a decisión da Administración e organiza a etapa de Infantil con eses seis profesores quedando da seguinte maneira: 3 anos con 22 alumnos; 4 anos con dous grupos de 13 e 12 alumnos, respectivamente; e 5 anos con outros dous grupos, un de 20 nenos e outro de 18.
A dirección quixo desmentir igualmente que o Claustro de profesores apoiara a decisión da Administración “cando o que este apoiou por unanimidade foi a xestión feita pola Dirección cos recursos dispoñibles”.

consellería
Por todo isto, o equipo directivo solicita do Director Xeral unha rectificación pública da información ofrecida na sinalada comisión parlamentaria.
En relación a esta cuestión, fontes da Consellería limitáronse a afirmar que “é posible que houbera un malentendido”.

A dirección do CEIP Recimil aclara que nunca estivo de acordo coa supresión dunha unidade

Te puede interesar