Asemares organiza un entroido popular o próximo sábado para despedir o verán

A Asociación de Empresarios de Ares (Asemares) organiza un Entroido de Verán que se celebrará o próximo sábado día 21 na vila mariñeira e que conta coa colaboración municipal.
Segundo os seus responsables, as persoas que queiran participar nesta iniciativa, que comezará a partir das 19.00 horas, deberán recoller en calquera dos establecementos participantes unha cartiña, que selarán nun mínimo de locais para poder acceder aos premios.
En cada un dos establecementos que toman parte na iniciativa, cada participante recibirá una puntuación ao disfraz que leve e, así, as persoas que rexistren de media as mellores valoracións serán as que resulten finalmente premiadas no concurso.Ditos premios serán en metálico, segundo indicaron dende Asemares.
A asociación fai un chamamento á participación da cidadanía nesta iniciativa lúdica, a última deste verán en Ares. n

Asemares organiza un entroido popular o próximo sábado para despedir o verán

Te puede interesar