SAN SADURNIÑO - O Consello de Participación Veciñal valora o modelo de concesión de axudas

SAN SADURNIÑO - O Consello de Participación Veciñal valora o modelo de concesión de axudas
Diario de Ferrol-2014-08-24-014-03f71bd8

O Consello de Participación Veciñal de San Sadurniño celebrou o pasado xoves unha reunión para abordar diferentes cuestións. Entre elas, a relativa ao cambio introducido neste ano 2014 polo Concello no sistema de concesión de subvencións ás entidades da zona coa finalidade de aliviar as condicións para adaptalas á realidade, de maneira que só fose necesario xustificar a cantidade concedida máis o 20% do importe total que se solicitou como axuda.
Na convocatoria anterior, probouse unha maneira que esixía executar e xustificar polo menos o 80% das actividades programadas ao comezo do ano, “unhas previsións que podían non cumprirse e que, de facelo, traducirianse nunha achega pouco cuantiosa para o total de investimentos que as entidades estaban obrigadas a xustificar”, lembraron desde o goberno local.
De aí que de cara ao ano actual, entidades e goberno local acordaran un cambio de criterio que foi valorado de xeito positivo na reunión do pasado xoves, xa que ademais de simplificar a tramitación, as axudas resultan de maior proveito para as entidades. A xuntanza do Consello de Participación Veciñal serviu tamén para abordar unha maior coordinación entre as dúas partes, salientando a necesidade de manter un contacto fluído entre a institución municipal e o tecido asociativo, potenciando así a comunicación.

cultura
Na reunión anunciouse tamén que a Concellería de Cultura ten previsto iniciar un novo programa de descentralización da súa actividade que levará teatro, maxia e música ás parroquias.
O calendario, tal e como se informou desde o devandito departamento cultural, ten que estar pechado o antes posible, polo que as asociacións poden empezar xa a reservar actuacións e datas. n

SAN SADURNIÑO - O Consello de Participación Veciñal valora o modelo de concesión de axudas

Te puede interesar