Gargallada Teatro abre en Narón o novo ciclo escénico de O Aturuxo de Melpómene

Gargallada Teatro abre en Narón o novo ciclo escénico  de O Aturuxo de Melpómene
Diario de Ferrol-2014-09-26-025-ac9c3e25_1

O ciclo Teatro con Melpómene comeza hoxe ás 20.00 horas con entrada libre no Auditorio de Narón (praza de Galicia), onde se desenvolverá ata finais de outubro con media ducia de funcións de compañías de toda Galicia, incluída a activa formación anfitriona. Hoxe o protagonismo vai para  Gargallada Teatro, que adapta a través de Manuel Caramés o texto de Cándido Pazó “Commedia: un xoguete para Goldoni”.
Trátase dunha comedia de enredo na que o fío conductor é un anel máxico que provoca o esquecemento a quen o leva posto. Tres cartas de amor que chegan ás mans equivocadas e un morto ausente que non aparece por ningures, axudaran a enredar o nobelo. Oito personaxes clásicos da Commedia dell’Arte que entran e saen de escena sen dar descanso ao espectador xunto coa presenza do gran Goldoni tentando poñer un pouco de cordura. O domingo continúa o ciclo coa representación que fará a compañía viguesa O Trasno da obra “Consuelo”. Trátase dun monólogo relacionado coa súa anterior obra, “Conversas na cuneta mentres a vida pasa”, dirixida a un público adulto no que se fala dos setenta anos de vida que a protagonista, Consuelo, está a lembrar diante do público. É un espectáculo esencialmente textual.

Gargallada Teatro abre en Narón o novo ciclo escénico de O Aturuxo de Melpómene

Te puede interesar