Borja Quiza, peche polo alto no Auditorio do ciclo “Ferrol en clave lírica”

Borja Quiza, peche polo alto no Auditorio do ciclo “Ferrol en clave lírica”
Auditorio de Caranza concerto de Borja Quiza

O Auditorio de Ferrol acolleu onte o primeiro concerto do barítino ortegano Borja Quiza no que, paradoxalmente, é a fin do ciclo musical municipal “Ferrol en clave lírica”.
O intérprete ofreceu unha selección que denominou “De Galicia para el mundo”, dividida en dúas partes. Na primeira, adicada á ópera, interpretou pezas de Mozart, Bellini ou Donizetti como “Zuberflöte”, “Don Giovanni”, “Don Pasquale”, “Lucia di Lammermoore” ou “I Puritani”. A segunda parte do recital estivo centrada en pezas de zarzuela de Moreno Torroba, Reveriano Soutullo ou o maestro Serrano, entre outros, como “La Linda Tapada”, “Los Gavilanes”, “Luisa Fernanda”, “La Canción del Olvido” e “La del Soto del Parral”. Repertorio no que Quiza amosou a súa mestría e proxección a pesar da súa xuventude.
O cantante ortegano mostrou a razón de que en poucos anos está situado entre os principais cantantes da nova xeración española, con éxitos tan notables como o galardón ao “Mellor intérprete de zarzuela” que lle concederon os Premios Líricos. Despois de rodar “Io, Don Giovanni” ás ordes de Carlos Saura, o novo barítono cantará este papel dentro dunhas semanas en Bélxica. E a próxima temporada regresará ao Liceo de Barcelona para protagonizar “Così fan tutte” de Mozart. n

Borja Quiza, peche polo alto no Auditorio do ciclo “Ferrol en clave lírica”

Te puede interesar