Abren a pista de xeo da praza de España e o salón xuvenil Ocio Nadal

Abren a pista de xeo da praza de España e o salón xuvenil Ocio Nadal
Pista de Hielo

A pista de xeo da praza de España, baixo unha cúpula transparente que ofrece unha chamativa vista desde diferentes puntos dos arredores, comezará a funcionar hoxe ás cinco da tarde. Distintas áreas do remodelado recinto foron abríndose ós peóns pouco a pouco nos últimos días, pero a apertura da carpa será unha forma oficiosa de inaugurala.
O obxectivo deste espazo de ocio para o Nadal é o de repetir e mellorar a participación conseguida o ano pasado, cando o complexo de ocio instalado no Cantón (que incluía a pista de xeo) recibiu a 12.000 persoas. Este Nadal búscase que ninguén quede sen gozar das posibilidades que ofrece a carpa, que ademais é translúcida, o que axuda a ter unha experiencia próxima ó que se sentiría patinando ó aire libre. Estas mesmas instalacións ubicáronse con anterioridade en espazos das grandes cidades galegas, como a praza da Quintana, en Santiago de Compostela. A entrada é libre e, se se desexa patinar, pódese facer durante 45 minutos por cinco euros, incluíndo o aluguer do material necesario.
Haberá tres monitores titulados que terán conta dos usuarios con menos ou ningunha experiencia, e para facilitar a aprendizaxe disponse de seis andadores para nenos e adultos. Un trineo para minusválidos e 30 pares de patíns especiais de iniciación a partir dos dous anos serán tamén elementos que faciliten a participación a todo tipo de persoas.
En total, haberá 250 pares de patíns de tódalas tallas e unha zona exclusiva para os patinadores, na que poder cambiarse con comodidade.

horarios
A pista (denominada Iceland) abre hoxe ás cinco da tarde e despois o seu horario será de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 22.00 horas, de luns a domingo. As fins de semana haberá sesións nocturnas de 23.00 a 2.00. Tamén hai a posibilidade de reservar o espazo para grupos, co obxectivo de facer alí calquera celebración. Para iso hai que contactar cos responsables no correo electrónico icelandferrol@gmail.com. n

Abren a pista de xeo da praza de España e o salón xuvenil Ocio Nadal

Te puede interesar