Coa ditadura militar asentada no poder, o domingo 13 de abril de 1924, como xa indiquei na entrega anterior, a Irmandade da Fala coruñesa celebrou a súa xunta xeral ordinaria, á que tamén acudiu, como era preceptivo, o policia Sr. Arrojo que emitiu o informe correspondente, facendo saber que asistiran doce irmáns, que se lera e aprobara a acta da xunta anterior, así como o estado de contas, e que se elixira unha nova directiva.
Xunto co informe policial, consérvanse dúas relacións do novo consello directivo dos irmandiños coruñeses: unha manuscrita, facilitada pola Irmandade -está en folla co nome impreso da institución- e outra mecanografada, elaborada pola policía, coa nota “Pasado fichero” na marxe inferior.
Isto é o que pon na folla manuscrita:
Conselleiro 1º: D.n Manuel Lugrís Freire, Panaderas, 23-3º
Conselleiro 2º:D.n Alfredo Somoza Gutiérrez,Sta Lucía, 39 y 41-3º
Segredario: D.n Francisco Abelaira Ayán, Tabernas, 2-1º
Vice-Segredario: D.n Anxel Casal Josenge, Mª Pita, 9-1º
Tesoureiro: D.n Benito Rodríguez Rodríguez, Campo Artillería, 15-3º
Contador: D.n Benito Ferreiro Pardo, Orzán, 49-3º
Bibliotecario: D.n Leandro Carré Alvarellos, Sn. Roque, 6-2º
VOCAL 1º: D.n Carlos Monasterio Valeiro, El Pasaje
VOCAL 2º: D.n Federico Rodríguez Chás, Campo da Leña, 36-1º
VOCAL 3º: D.n Xulio Pita García, Orillamar, 17-1º
VOCAL 4º: D.n Xosé Crecente Costa, Real, 28-1º
VOCAL 5º: D.n Antón Martinez Martinez, Granja Agrícola.
A relación mecanografada pola policía é esencialmente a mesma, aínda que presenta algunhas diferenzas. Ademais de que Francisco Abelaira reside en Fdez Latorre, 104-3º, segundo a policía, no seu informe Ánxel Casal é Ángel, Xulio Pita é Julio, Xosé Crecente é José e Antón Martinez é Antonio, nomes estes que coinciden cos que figuran na acta oficial presentada no Goberno Civil que reproduzo máis adiante.
Curiosamente, en ningunha desas dúas relacións aparece o nome de Víctor Casas, como administrador d’A Nosa Terra, tal e como figura na acta e na noticia que difundiron tanto o boletín irmandiño como a prensa diaria coruñesa.
Xunto con esta documentación consérvase unha “Cuenta de ingresos y gastos desde el 1º de Abril de 1923 hasta el 31 de Marzo de 1924”.
Aparece en papel cuadriculado e está asinado, con data de 31 de marzo de 1924, por Federico Zamora e mais Benito Ferreiro, vicepresidente e contador, respectivamente, da xunta directiva anterior.
Ingresos
Existencia en 1º de Abril de 1923: 12,08
Ingresado por cuotas de Socios 2.980,30
El “Cuadro de Declamación” .396,05
id. transferencia de fondos del ex CENTRO REXIONALISTA 319,15
id“ alquileres del local a la “Unión de Detallistas” 259, “
id Suscriciones al Boletín “A NOSA TERRA” 3.299,25
7.245,25
PESETAS 7.257,33
Pagos
Pagado por alquileres del local 2.400
id sueldos al personal 1.081,55
id.recibos de agua 63,80
id.recibos de luz 228,79
id.gastos del Cuadro de Declamación 127,40
id suscripción MURGUIA-ROSALIA 25, -
id. Impresión del boletín “A Nosa Terra” 2.230, -
id Concierto de franqueo id 26,40
id. GASTOS GENERALES .562,33 6.745,27
SALDO PARA LA NUEVA CUENTA 512,06
PESETAS 7.257,33
LA CORUÑA 31 de MARZO DE 1.924.
El Vice Presidente El Contador
Federico Zamora B. Ferreiro
(rubricado) (rubricado)
É, como se ve, un documento máis que interesante -o único que teño visto destas características-, xa que permite coñecer algunhas interioridades sobre o funcionamento da Irmandade coruñesa, tales como o número aproximado de afiliados, como o custo do aluguer do local social –que á súa vez alugaba–, como que tiña empregados asalariados, como o número de suscriptores do boletín ou como os beneficios obtidos polas actuacións do cadro de declamación.
A documentación foi presentada no Goberno Civil, como era preceptivo, acompañada do correspondente oficio, asinado por Ánxel Casal:
Tengo el honor de remitir a V.S. Certificación del acta de renovación de Junta directiva nombrada para regir esta Sociedad, y el balance detallado de ingresos y gastos desde 1º de abril de 1923 hasta el 31 de Marzo último.
Dios guarde a V.S. muchos años.
La Coruña 29 de Abril de 1924
El Vice-Secretario
A. Casal (rubricado)
Ilmo. señor Gobernador Civil de esta Provincia
Un par de semanas despois –ten carimbo de rexistro de entrada do Goberno da Provincia de data 16 MAY. 1924–, o propio Casal presentaba esta “Copia del acta de elección del Consejo Directivo que ha de regir los destinos de la ‘Irmandade da Fala’ en el periodo comprendido entre el 1º de Mayo de 1.924 al 30 de abril de 1925”:
=Después de leida y aprobada la Memoria presentada por la Junta cesante; y no habiendo mas asuntos de que tratar, pasase a elejir nuevos Consejeros resultando elegidos los señores que a continuación se citan: = Consejero 1º: Dn Manuel Lugrís Freire = Consejero 2º: Dn Alfredo Somoza = Secretario: Dn Francisco Abelaira = Vice-Secretario: Dn Angel Casal = Tesorero: Dn Benito Rodríguez = Contador: Dn Benito Ferreiro = Bibliotecario: Dn Leandro Carré = Vocales: Dn Carlos Monasterio = Dn Federico Rodríguez = Dn Julio Pita = Dn José Crecente y Dn Antonio Martínez = Administrador de “A Nosa Terra” Dn Víctor Casas =
Doy fé
El Vice-Secretario
A. Casal (rubricado)