O Congreso do Toxos tratou das xoias, patrimonio e instrumentos pobres

O Congreso do Toxos tratou das xoias, patrimonio e instrumentos pobres
Congreso Terra de Trasancos en el Toxos

O presidente do Real Coro Toxos e Froles, Arturo Lamas, e o tenente de alcalde, Guillermo Hevia, presentaron na tarde de onte a V edición do Congreso Terra de Trasancos que organiza o decano dos coros galegos. Esta edición contou cunha variedade que foi máis alá do simplemente musical con intervencións sobre a proposta de patrimonio inmaterial para o baile galego, ourivería e uso de instrumentos non habituais ou “pobres”.
Encetou a xornada Antón Fernández, expresidente e corista da Agrupación “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela. Fernández falou da iniciativa de acadar a declaración de “Patrimonio Inmaterial da Humanidade” para o canto, música e baile tradicional galego. Posteriormente, Francisco Rodríguez Fernández, presidente do Grupo Etnográfico das Mariñas de Ferrol, falou da ourivería popular galega feita en materiais como ouro, prata e cobre, e os diferentes estilos decorativos elaborados en Ferrolterra, Betanzos, Muros ou Santiago. Para apoiar os seus comentarios puido verse durante todo o día unha exposición de ourivería con pezas que ían desde o século XVIII ata a actualidade.
Finalmente, o gaiteiro de Moaña Xavier Blanco, artesán, escritor e técnico en cultura tradicional, levou a cabo unha charla teórica e práctica ao redor dos denominados instrumentos “pobres” que puxo fin ao congreso.

O Congreso do Toxos tratou das xoias, patrimonio e instrumentos pobres

Te puede interesar