O traballo pola candidatura de Carvalho Calero ao Día das Letras segue sumando apoios

O traballo pola candidatura de Carvalho Calero ao Día das Letras segue sumando apoios
Rueda de prensa en Sargadelos sobre los actos de Carvalho Calero Vanesa Cebreiro

O labor que a comisión promotora da candidatura de Carvalho Calero para o Día das Letras Galegas 2015 comeza a dar froitos e xa son numerosas as persoas e entidades que apoian a iniciativa. Asociacións culturais, veciñais e sociais súmanse a sindicatos e partidos políticos e entidades de fóra de Ferrol e comarca, mentres que a nivel individual escritores como Manuel Rivas (tamén académico da RAG), Álvarez Cáccamo, Francisco X. Fernández Naval ou o director da Fundación Penzol de Vigo, Francisco Domínguez, foron os últimos en engadirse a esta petición cultural.
Desde a comisión promotora, os profesores Xosé Manuel Pazo, Xosé María Dobarro e Bernardo Máiz destacaron que a proposta para facer xustiza co profesor ferrolán tiña cada vez máis simpatizantes, ata o punto de que “algunha comisión como a de Manuel María deixou o seu traballo para facilitar a candidatura de Carvalho Calero”. Desde a comisión destacaron que o próximo mes de abril farán unha petición para reunirse co presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, para explicarlle o proxecto e tratar de sumar o seu apoio.
O profesor Bernardo Máiz destacaba onte que os apoios desde fóra de Ferrol son cada vez maiores e contan cun correo electrónico ao que van chegando adhesións: carvalhocalero2015@gmail.com.  
Aínda que non todo son apoios, xa que postos en contacto cos gañadores do Premio Carvalho Calero que organiza a asociación Medulio e o Concello de Ferrol “tres deles non quixeron asinar a proposta”. En canto á propia RAG, da que a iniciativa ten que acadar a tres académicos que a leven adiante e outros tres que a respalden, Máiz sinalaba que “aínda que hai xente que non quere saber nada de Carvalho, hai outros, sobre todo novelistas que si están con nós”.
Este xoves tódolos partidos políticos do pleno do Concello de Ferrol apoiarán unha proposta da que segundo Máiz “hai tempo que se está a traballar, xa que desde o Concello levan anos publicando libros, textos e facendo actividades ao redor de Ricardo Carvalho Calero”.    

cabodano en san francisco
Ás 20.00 horas de hoxe conmemórase o 24  cabodano do pasamento do profesor ferrolá. Así, a comisión organiza un acto fronte a semiderrubada casa do escritor na rúa San Francisco, “tanto para reivindicar a súa figura como a do estado do propio barrio de Ferrol Vello”, destacaron.
Haberá unha actuación do Real Coro Toxos e Froles e lerase un manifesto de apoio á demanda da adicatoria do Día das Letras 2015 a cargo da alumna do IES Carballo Calero Rita Tojeiro Ces.
Os organizadores agradeceron o apoio do Concello de Ferrol para levar a cabo este acto.

O traballo pola candidatura de Carvalho Calero ao Día das Letras segue sumando apoios

Te puede interesar