Un obradoiro de creación escénica abrirá a actividade da Mostra de Teatro de Cariño

Un obradoiro de creación escénica abrirá a actividade da Mostra de Teatro de Cariño
Marián Bañobre e Santiago Cortegoso serán os encargados de impartir a proposta

Forma parte das mostras de teatro decanas de Galicia o que fai que estea marcado no calendario como un dos eventos ineludibles para os afeccionados ás artes escénicas. A regularidade e constancia na súa celebración e a calidade da programación son algunhas das principais características da Mostra de Teatro Galego de Cariño, evento que terá lugar na segunda quincena deste mes.

A actividade dará comezo o día 12 cun obradoiro de Creación Escénica que se prolongará ata o 14, nas xornadas previas á Mostra. Desenvolverase no Auditorio Municipal da vila e será impartido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, integrantes do Grupo de Teatro Ibuprofeno.


Para participar é preciso inscribirse. As persoas interesadas poderán facelo ata o vindeiro 8 de de agosto na Casa do Concello. É totalmente gratuíta e hai dispoñible un total de quince prazas. Pódese conseguir máis información no correo electrónico cultura@concellocarino.gal ou no teléfono 981 405 064.
Os participantes crearán unha obra, sen textos previos, mediante o xogo e improvisacións individuais e colectivas. Está pensada para maiores de 16 anos.

Un obradoiro de creación escénica abrirá a actividade da Mostra de Teatro de Cariño

Te puede interesar