O Concello pecha a cafetería do lar do Toxos ata a entrega de documentación

Local Toxos e Frores Clausurado
|

O Real Coro Toxos e Froles viviu onte un novo episodio dunha situación que parecía resolta, a do uso da cafetería do lar da rúa Magdalena, que fora denunciada por varios veciños o pasado mes de xuño. Onte a Policía Local presentábase alí cunha orde de cese de actividade. 
Unha situación que semellaba resolta o pasado 26 de xuño cando o pleno da corporación municipal aprobara a proposta de recoñecemento do dereito de uso do inmoble situado no número 220 da rúa Magdalena á asociación Real Coro Toxos e Froles, que ao parecer ata ese momento non o tiña. Este recoñecemento incluía o dereito do Toxos de arrendar a un terceiro o local destinado a cafetería, que de feito xa funcionaba desde o ano 2011, e instaba á entidade cultural a “solicitar as preceptivas licenzas de actividade e apertura, ademais de aboar os servizos de auga, electricidade e lixo que lle corresponden”. 
Onte o edil de Economía e Patrimonio, Alejandro Langtry (xunto con Urbanismo, as áreas encargadas de resolver a cuestión) comentou: “El plazo de tramitación de la licencia urbanística se ha incumplido. Si el presidente del Toxos está a las 9.00 horas de mañana (por hoy) en Urbanismo con los papales que le faltan, pasan a ser los titulares y pueden hacer lo que deseen, así quedó claro en el pleno del día 26 de junio. Se le dieron diez días para entregar la documentación y no presentaron ningún papel, mientras además continuaron las denuncias de los vecinos del cese de actividad de la cafetería. Desde el punto de vista de Patrimonio la cesión del edificio no tiene ningún problema y es ahora a los técnicos de Urbanismo los que deben tener la documentación en regla”.                  
      
asemblea do toxos
Por parte do Real Coro Toxos e Froles, a última tarde de onte descoñecían calquera cita coas autoridades municipais e non quixeron comentar nada do sucedido coa cafetería arrendada antes da asemblea urxente que tiñan os socios a partir das 22.00 horas de onte. n

O Concello pecha a cafetería do lar do Toxos ata a entrega de documentación