O Peque Coro lembra a Manuel María cun conto musical no Jofre

O Peque Coro lembra  a Manuel María cun conto musical no Jofre
Concierto conservatorio Xan Viaño en el Jofre

O Peque Coro, unha formación xurdida no seno do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol e integrado na actualidade por preto de cen alumnos, renderá mañá domingo –19.00 horas no Teatro Jofre– a súa particular homenaxe ao poeta Manuel María, protagonista este ano das Letras Galegas.
Farano a través da interpretación dun conto musical no que os rapaces cantarán poemas do autor da Terra Chá musicados por Margarita Soto Viso. Con Belén González como autora do relato, Lan Couce como responsable da dramaturxia e Luis Ramos como director de escena, o Pequecoro estará acompañado ao piano, como é habitual, por Alexandra Pita e dirixido por Catuxa Pita.
Baixo o título “O Peque Coro e os seus soños na Gaiola” desenvolverase unha fermosa montaxe  froito da colaboración entre o Xan Viaño e a recén creada asociación cultural e recreativa en torno á devandita formación coral. A entrada é gratuíta e as invitacións poden recollerse xa no Teatro Jofre.

O Peque Coro lembra a Manuel María cun conto musical no Jofre

Te puede interesar