Gañar ao Rosalía, vital para que o Narón teña opcións

O Narón busca acadar unha maior regularidade d. alexandre
|


A dúas victorias das prazas que dan dereito a xogar a fase final polo ascenso, o Baloncesto Narón vese na obriga de recortar canto antes esa desventaxa. Partidos como o que a vindeira semana disputará ante o León, terceiro clasificado, son transcendentais neste camiño pero, para chegar a eles con opcións, antes ten que estar á altura en contendas como a que esta tarde, as 18.30 horas, disputa no pavillón da Gándara ante o Instituto Rosalía de Castro.
O cadro que dirixe Pablo Rodríguez non quere sorpresas fronte a un equipo que, aínda que relegado na clasificación, xa o sorprendeu na primeira volta. Neste caso, o Narón espera minimizar os erros que cometeu entón para sumar unha victoria que lle permita consolidarse na zona alta da clasificación.
Para iso deberá ter baixo control a un equipo como o compostelán, que mantén o seu esqueleto respecto a pasadas tempadas, o que lle aporta un plus de competitividade. Ademais, a escuadra visitante conta con xogadores con experiencia en categoría superior, polo que os pupilos de Rodríguez saben que será un partido moi esixente que, como o propio Narón, “ten un ritmo de xogo alto”. Stoll está plenamente recuperado nas filas naronesas tras o corte sufrido nunha man, mentres que Seco tamén superou xa un proceso gripal.

Gañar ao Rosalía, vital para que o Narón teña opcións