A Orquestra Filharmónica de Colonia trae ao Jofre todo un repertorio de pezas populares

A Orquestra Filharmónica de Colonia trae ao Jofre todo un repertorio de pezas populares
Diario de Ferrol-2014-09-25-013-a7a2b945

Hoxe chega ao Teatro Jofre a prestixiosa Orquestra Filharmónica de Colonia. Faino baixo o seu lema “Klassik überall” (a música clásica en todas partes) cun espectáculo que dará comezo a partir das 20.30 dentro da programación cultural do Concello de Ferrol.
A orquestra alemá ten por costume que o seu repertorio se compoña das máis selectas obras ha historia da música culta. Iso si, o especial atractivo do seu programa consiste na combinación de pezas populares con outras menos coñecidas de diversas épocas musicais. Esta mestura promete unha diversidade ao máis alto nivel da que son uns reputados mestres.
Así, na actuación de hoxe no Jofre interpretarán o concerto para violín, corda e baixo continuo “O inverno”, de Vivaldi; o concerto en la maior para clarinete e orquestra KV 622 de Mozart; o “Pezzo Capriccioso” para violoncello e orquestra de Tchaikovski; e finalmente a “Fantasía de Carmen” para violín e orquestra, do músico español Pablo Sarasate.
As persoas interesadas en gozar deste espectáculo de música de cámara poderán adquirir as súas entradas (a un prezo que oscila entre os 15 e 20 euros) no despacho do teatro municipal ou a través da propia páxina web do Concello.

A Orquestra Filharmónica de Colonia trae ao Jofre todo un repertorio de pezas populares

Te puede interesar