Persoal de once universidades estranxeiras achégase aos servizos do campus de Ferrol

Persoal de once universidades estranxeiras achégase aos servizos do campus de Ferrol
Sal�n de actos del campus Visita de personal de varias universidades extranjeras

O campus de Ferrol converteuse na mañá de onte no destino da delegación estranxeira que desde o pasado luns toma parte na primeira edición da Internacional Staff Week organizada pola Universidade da Coruña. A cita, enmarcada no programa de estadías STT-Erasmus, ten como obxectivo favorecer o intercambio de experiencias e boas prácticas entre o persoal de diferentes institucións académicas para contribuír á mellora da calidade prestada a través dos diferentes departamentos.
Neste caso, son arredor de vinte os traballadores procedentes de once universidades de diferentes países –Italia, Portugal, Polonia, Nova Zelanda, etc.– os que estes días teñen a oportunidade de coñecer o funcionamento e os servizos dos campus herculinos e ferroláns.
Neste último, os visitantes foron recibidos onte pola vicerreitora de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, así como a responsable da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) en Esteiro, Ana Pérez. Esta  última ofreceu nunha primeira parada celebrada no salón de actos toda a información relativa ao campus e tamén á cidade naval. Fíxoo a través dunha presentación que contou coa colaboración do persoal do Servizo de Estudantes.

percorrido
A partir de aí iniciouse un percorrido por diferentes facultades, como a de Humanidades, Enfermería e Podoloxía, e Deseño Industrial. Tamén houbo parada na biblioteca do Patín, no Centro Cultural Universitario ou nalgún dos espazos nos que os grupos de investigación do campus desenvolven o seu traballo.
O periplo cocluíu no edificio do Vicerreitorado, onde todos os participantes puideron gozar dun xantar a base de produtos galegos.
A vicerreitora do campus de Ferrol, Araceli Torres, salientaba onte a importancia deste tipo de actividades como un elemento máis para a promoción do campus fóra das nosas fronteiras.
Esta I Internacional Staff Week, que se desenvolve co inglés como lingua de comunicación entre os asistentes, pretende contribuír a reforzar a cooperación internacional, os programas de intercambio e tamén os proxectos europeos.
Nestes días, os arredor de vinte traballadores visitantes tiveron a oportunidade de coñexer Inditex, asistir a un curso rápido de castelán básico, ou acudir a diferentes obradoiros, como o relativo aos procesos de negociación de dobles titulacións conxuntas coas universidades españolas, entre outros temas. n

Persoal de once universidades estranxeiras achégase aos servizos do campus de Ferrol

Te puede interesar