O ciclo de concertos íntimos Son Aloumiños muda ás táboas do Jofre

O ciclo de concertos íntimos Son Aloumiños muda ás táboas do Jofre

Con varios cambios sobre a edición do pasado ano chega o ciclo Son Aloumiños, “unha das pequenas xoias mimadas da Concellería de Cultura que regresa este 2018 a Ferrol con novos azos e un cartelazo que procura manter a mesma esencia que se buscaba buscaba no 2017, concertos especiais, íntimos e intimistas”, salientan desde o goberno local.
Así, o programa muda de escenario, cambiando a capela do centro cultural Torrente Ballester polas táboas do Jofre. Pasan ademais das noites dos mércores ao sábado, “buscando repetir e amplificar o éxito que xa acadaran na súa primeira edición”, engaden.
Desta volta, participarán artistas procedentes dos Estados Unidos, Brasil, Italia, Reino Unido e, por primeira vez, Madrid. Todos eles en formato acústico e reducido que “axudan a crear esa atmósfera cálida e íntima que este ciclo precisa”, tal e como apuntan fontes municipais.

Artistas
Vinicio Capossela, Loch Lomond, Nat Simons e Castello Branco serán os protagonistas da programación. “Moitas horas rebuscando entre artistas de todo o mundo co obxectivo de atopar aqueles que, aínda non sendo moi coñecidos, foran os candidatos perfectos para ofrecerlle ao público unha serie de concertos de pop, americana e música de raíces que non esquecerán na súa vida. Uns espectadores moi seleccionados no que a calidade é o que prima”, apuntan desde o Concello.
O prezo das entradas para cada unha das catro citas será a partir de 8 euros de forma anticipada e 10 en billeteira.
O primeiro dos concertos terá lugar o sábado 31 de marzo (21.00 horas), a cargo dos estadounidenses Loch Lomond, un proxecto colectivo con base en Portland, Oregon, á fronte do cal atopamos a Ritchie Young. Pop de cámara, harmonías vocales prodixiosas e arreglos preciosistas constitúen o sinal de identidade dunha formación “clásica pero á vez irremediablemente moderna”. No seu último disco bebe das innumerables referencias, desde os seus paisanos The Decemberists a Mercury Rev.
Tomará o relevo o 21 de abril o poeta, escritor e músico italiano Vinicio Capossela. O cantautor e multiinstrumentista é moi recoñecido tanto no seu país como no estranxeiro. Autodefínese como como un “entertainer pantasmagórico” que nos primeiros tempos da súa carreira traballou no teatro e que tamén fixo incursións no xénero televisivo.
Coa literatura como unha das súas grandes fontes de inspiración e amante das músicas de raíz, dedicou un disco, “Rebetiko Gymnastas” a este estilo musical grego. En 2013 produciu e liderou unha xira da Banda della Posta, un grupo de idades de idade avanzada de Irpina dedicados á música nupcial.
O seu último disco é un traballo dobre formado polos álbumes “Polvere” e “Ombra”, nos que se mergulla na tradición musical do sur de Italia penetrando nun mundo folclórico e rural así como nunha experiencia de folk global.
O 5 de mayo será a quenda para Castello Branco, de Brasil, que pasará polo ciclo Son Aloumiños para presentar o seu segundo traballo “Sintoma”, que o sitúa entre os máis recoñecidos novos talentos do país carioca.
A madrileña Nat Simons pechará o ciclo o sábado 2 de xuño coa presentación do seu segundo álbum “Lights” baixo a produción de Gary Louris.
Será la primera artista española en formar parte de Son Aloumiños.

O ciclo de concertos íntimos Son Aloumiños muda ás táboas do Jofre

Te puede interesar