O Mosteiro do Couto abre as súas portas con motivo da celebración da Semana Santa

O Mosteiro do Couto abre as súas portas con motivo da celebración da Semana Santa
Visitas al Monasterio de O Couto

A Semana Santa eríxese nunha excelente ocasión para amosar a riqueza patrimonial e arquitectónica aos milleiros de visitantes e turistas que estes días se achegan á comarca de Ferrolterra. Plenamente conscientes disto, desde o Concello de Narón deseñaron un programa de portas abertas no Mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto) que deu comezo onte mesmo.
Todos os interesados en coñecer en detalle esta xoia arquitectónica terán oportunidade de visitalo ata o vindeiro domingo día 20. Estará aberto ao público en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. A entrada é de balde.
As xornadas de portas abertas converteranse tamén nun reclamo máis para aquelas persoas que nestas datas aproveitan para  facer o Camiño de Santiago, xa que polo convento discorren tanto o inglés como a ruta que vai a San Andrés de Teixido. Para complementar as visitas, o Concello editou un tríptico informativo –dispoñible nas oficina de Turismo da comarca– para que os interesados poidan recabar toda a información que precisen do mosteiro que habitualmente só abre en horario de celebración litúrxica.

orixe
Tal e como se lembrou desde o Concello, a súa orixe remóntase probablemente ao século IV d.c. Algúns autores atribúen a súa fundación a un pequeno grupo de monxes portugueses que escaparon do mosteiro de San Martiño de Dumio.

O Mosteiro do Couto abre as súas portas con motivo da celebración da Semana Santa

Te puede interesar