Letras Galegas, maios, deporte e solidariedade nos colexios da cidade

Letras Galegas, maios, deporte e solidariedade nos colexios da cidade
Carrera Solidar�a en el colegio San Rosendo

Celebracións florais, convocatorias solidarias ou festas na honra  dos seus patróns.... A véspera do Día das Letras Galegas deixou na cidade un amplo abano de propostas da man dos centros educativos. No Isaac Peral comezaron ás 9.30 horas a elaborar os maios coas flores levadas polos escolares das súas casas. A actividade, que contou coa colaboración da Fundaçon Artabria do barrio de Esteiro, incluíu tamén a interpretación de varias cancións, entre elas o himno galego. Tralo recreo, o protagonismo foi para os xogos tradicionais, dentro do proxecto de recuperación destes brinquedos que promove o centro. A actividade física estivo tamén moi presente onte noutros dos centros: o Ludy e o San Rosendo. No primeiro, os alumnos de varios cursos realizaron unha marcha ciclista con destino á praza do Inferniño, ata onde o resto da comunidade educativa desprazouse a pé para se congregar alí todos xuntos e celebrar con varios actos a xornada que este ano homenaxea ao poeta Xosé María Díaz Castro.
No San Rosendo, pola súa banda, desenvolveuse a xa tradicional carreira en beneficio da ONG Save The Children, á que tamén se entregarán os fondos conseguidos coa venta dos marcapáxinas feitos polos alumnos.
A Compañía de María e o colexio La Salle celebraron as festas na honra de San Xoán Bautista e Santa Xoana de Lestonnac, respectivamente. 

Letras Galegas, maios, deporte e solidariedade nos colexios da cidade

Te puede interesar