Un total de sete carrozas completan a cabalgata dos Reis Magos que mañá visitan Ferrol

Un total de sete carrozas completan a cabalgata dos Reis Magos que mañá visitan Ferrol
Cabalgata reyes magos de ferrol 2009

Ferrol recibirá mañá luns a visita das súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente. Como vén sendo tradición, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán por barco ate a cidade ao redor das 17.00 horas. Desembarcarán no peirao de Curuxeiras para, a continuación, iniciar o seu percorrido polas rúas da cidade. Un total de sete carrozas formarán a comitiva real.
No que atinxe á cabalgata, as súas Maxestades partirán da rúa Venezuela contra as seis do serán, para dirixirse cara á estrada de Castela en dirección ao centro da cidade. Concretamente percorrerán as rúas Colombia; estrada de Castela; praza de España; rúas Galiano, Terra, Real, Arce e praza de Amboaxe. Continuarán pola rúa Dolores, Concepción Arenal, rúa Real e Terra ata chegar á praza de Armas. Será entón cando os Reis Magos recibirán, como sucede cada ano, na entrada do pazo municipal aos nenos e nenas para recoller as súas peticións.

caravana e baile
A concelleira responsable de Festas, Susana Martínez, explicaba que a cabalgata estará formada por sete carrozas: en tres irán os Reis Magos xunto cos seus paxes e nas catro restantes estará representados a Estrela de Oriente, Maléfica, Frozen e o Barco Pirata. A elas se sumarán o camión dos Bombeiros Municipais, a Porta do Dique e o Tren de Agasallos.
Asemade, está previsto que os acompañen seis comitivas de baile que realizarán unha parada diante do Consistorio Municipal para actuar ante o público presente. Como vén sendo tradición tamén, durante todo o percorrido se repartirán 1.100 quilos de caramelos sen glute.

plan de seguridade
Pola súa banda, e co fin de minimizar as molestias que esta celebración poida causar no tráfico rodado e garantir a seguridade dos pais e nenos que cada ano seguen o paso das súas Maxestades de Oriente, a Policía Local establecerá o habitual dispositivo para facilitar as entradas e saídas ordenadas da cidade. Así, a Xefatura da Policía Local de Ferrol recomenda evitar aquelas vías que conflúen coas do percorrido que seguirá a comitiva real, xa que estas permanecerán pechadas durante o seu paso. Polo tanto, como accesos alternativos propóñense que para entrar ou saír da cidade se empregue a F-15 (autoestrada AP-9), a F-11 (estrada da Trincheira) e Avenida de Esteiro. Para acceder ao barrio da Magdalena sexan usadas as rúas Sol e Igrexa. No canto de chegar ao Ensanche A será mellor tomar a Avenida de Compostela e as rúas Instituto e Alcalde Usero e a Río Xuvia.
Finalmente, para acceder ao Ensanche B a policía recomenda a rúa Nova de Caranza e a Venezuela.

Un total de sete carrozas completan a cabalgata dos Reis Magos que mañá visitan Ferrol

Te puede interesar