Parque Ferrol sorteará cincuenta bautismos de surf

|

Parque Ferrol, patrocinador da próxima edición do Pantín Classic, sorteará 25 bautismos de surf para dúas persoas entre os seus clientes e seguidores de Facebook desde mañá, día 11,  até o próximo martes, 19.
Na rede social, os que queiran optar a un dos dez agasallos só teñen que responder á pregunta “Cal é a túa praia de Galicia favorita?”. Para os clientes resérvanse os outros quince. Abondará con presentar un ticket de compra de 10 euros como mínimo na tenda que o Pantín Classic ten instalada no centro comercial do Boial.
O mércores 20 de agosto publicaranse os nomes dos gañadores do sorteo no perfil do Parque Ferrol na rede social Facebook.Os afortunados poderán recoller os seus respectivos premios na mesma tenda que a organización da proba de surf máis importante do Estado ten na propia área comercial. n

Parque Ferrol sorteará cincuenta bautismos de surf